ConcellosO BarcoÚltima hora

O funeral do veciño do Barco falecido nun accidente en Portugal será esta tarde na Igrexa de Santa Rita

 

Dende as 10 horas desta mañá de xoves 20 de maio, está no Tanatorio Santa Rita do Barco de Valdeorras (Sala 3) a Capela Ardente do veciño do Barco falecido o pasado 14 de maio nun fatídico accidente de tráfico en Portugal.

O acceso á sala do tanatorio está restrinxido a 10 persoas como máximo, sexan ou non conviventes, respectando as medidas de seguridade establecidas.

O funeral será esta tarde ás 18 horas na Igrexa de Santa Rita do Barco e a continuación terá lugar o sepelio no cemiterio municipal da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button