DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O fútbol feminino quenta motores na Rúa

O primeiro partido da tempada enfrontou ao Rúa Valdeorras CF e ao CD Ponferrada nun amigable no Aguillón

Con novas incorporacións e moitas ganas de xogar, o conxunto feminino de fútbol da Rúa prepárase para a tempada de liga 2015/2016 que comezará o 6 de setembro en casa, no campo do Aguillón contra Cacheiras CD.

Antes, o míster Josiño pon a punto a técnica e xogo das rapazas (contan con 24 fichas) nunha curta pretempada. A primeira toma de contacto coa competición tiña lugar na tarde do domingo 16 de agosto, no amigable disputado ante o CD Ponferrada Feminino.

Tras un minuto de silencio polo recente falecemento de Anxo (irmán dunha das xogadoras) comezaba o partido, bastante igualado e cun xogo intenso por ámbalas dúas partes. Porén, as ponferradinas ían de menos a máis no encontro e finalmente acababan derrotando ás valdeorresas por 1 gol (de Carol) a 4.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button