DeportesÚltima hora

O fútbol gaélico chega aos máis pequenos

Xogadores do equipo ourensán Auriense F.G. acudiron ao campamento de verán organizado pola asociación Amencer

 

O fútbol gaélico chegou no día de onte, 5 de agosto, aos máis pequenos, xa que varios xogadores do Auriense Fútbol Gaélico acudiron a dar unha clase inicial ao campamento de verán organizado pola asociación ourensá Amencer.

Esta iniciativa levouse a cabo dentro das actividades da semana do deporte organizada por devandito colectivo xuvenil. Os xogadores amosaron como coller o balón do chan, realizar un golpe de biqueira, ou como pasala ca man correctamente. Así, levaron camisetas tanto de Afiadoras F.G. coma de Auriense Campus da Auga F.G. 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button