DeportesÚltima hora

O fútbol gaélico xa é federado en Galicia

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico completou a súa inclusión na Federación Galega de Fútbol
Sinatura por parte dos presidentes da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e da Federación Galega de Fútbol.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico vén de emitir un comunicado sobre a súa inclusión no seo da Federación Galega de Fútbol. A incorporación é oficial dende o pasado venres, trala sinatura nas oficinas de San Lázaro en Santiago de Compostela, dos representantes institucionais de ambos entes, Rafael Louzán Abal pola FGF e Iván Villalón Costa pola AGFG, do acordo sobre o que se baseará o futuro do fútbol gaélico galego.

Segundo explican dende a AGFG “este acordo chega tras un proceso de negociación ao longo desta tempada, onde o
entendemento e predisposición de ambas entidades sempre foi positiva”, polo que esperan que permita un crecemento sólido e sostido do fútbol gaélico galego.

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico conta con 13 clubes inscritos e máis de 400 xogadores, a primeira en organizar unha liga regular fóra do país orixe do deporte, Irlanda. Conta cunha selección galega recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), que acadou o podio nos últimos dous mundiais. Ademais este sábado 3 de xuño celebrouse a final Ibérica na cidade da Coruña, sendo a primeira competición europea deste tipo, retransmitida en directo (TVG2).

Artigos relacionados

Back to top button