En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O fútbol regresa a Calabagueiros co empate a uns entre CD Barco e Alondras CF

O gol de Vera na segunda parte do partido daba un punto ao equipo de Manolo Pérez na segunda xornada da liga

 

Sete meses e medio ou o que é o mesmo 224 días despois do último partido de liga disputado no Barco de Valdeorras, regresaba o fútbol ao campo de Calabagueiros. E facíao na segunda xornada da tempada 2020/2021 en terceira división, cun aforo reducido a 150 afecciodados, fortes medidas de seguridade sanitaria (uso de mascarilla en todo momento, prohibición de fumar, control de temperatura e uso de xel hidroalcohólico,…) e unha tarde inestable meteoroloxicamente falando.

Así minutos antes das cinco da tarde deste domingo 25 de outubro, saltaban ao terreo de xogo o CD Barco que viña de ganar á Estrada por 0 goles a 1 na primeira xornada da liga, e o Alondras CF que tamén vencera 1-0 á UD Ourense. A primeira parte do encontro arbitrado por Iván Abel Frutos con asistencia de Alberto Blanco e Pedro Castro, pasou sen pena nin gloria sen apenas ocasións de gol, e habería que esperar ao minuto 49, apenas comezada a segunda metade para ver o primeiro tanto no marcador.

 

Once titular do CD Barco-Alondras CF

 

Eran os locais os que se adiantaban co gol barquense de Vera pero o Alondras reaccionaba e no minuto 71 Yhavé marcaba o gol do empate. Sen dúbida non foi o resultado desexado polos poucos afeccionados presentes no campo (aínda que o club retransmitía o encontro por Facebook) pero o Barco sumaba un punto máis no historial, e xa van 4, empatado precisamente co Alondras.

A seguinte xornada, a terceira desta atípica liga, levará aos de Manolo Pérez ata O Couto (se a situación sanitaria o permite) para desputar o domingo 1 de novembro, o seu primeiro derbi provincial da tempada ante a UD Ourense.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button