Ourense

O futuro Centro Interxeracional de Ourense, máis cerca

O Concello de Ourense e a Xunta asinan a cesión da parcela municipal onde se construirán as instalacións
Vázquez asina co representante do consorcio a cesión da parcela municipal.
Vázquez asina co representante do consorcio a cesión da parcela municipal.

O alcale de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muiños, veñen de asinar mediante escritura notarial a cesión da parcela municipal na rúa Ramón Abellás, no barrio de Mariñamansa. Esa será a ubicación do futuro Centro Interxeracional que a Fundación Amancio Ortega (FAO) levará a cabo na cidade das Burgas.

O proxecto de execución, deseñado por Elsa Urquijo Arquitectos, xa foi entregado aos arquitectos municipais para ultimar os trámites administrativos necesarios para a obtención da licenza de obra. A construcción suporá un investimengo de máis de 4,5 milóns de euros.

Ofrecerá un servizo centrado na atención a nenos con idades entre os cero e os tres anos e contará con seis aulas -dúas para cada franxa de idade- e varios espazos comúns: comedor, baños, vestiario, zona de cociña, espensa, almacén, patio propio, etc. Por outra banda, o centro para persoas maiores estará orientado a promocionar a autonomía e previr a dependencia deste colectivo. Nesta sección disporá de seis salas para actividades e usos múltiples, aseo e vestiario, sala de curas, lavandería, comedor e patio.

“Este Centro Interxeracional suporá un elemento diferenciador único en España polas súas características, non só da construcción, senón tamén polos obxectivos propios do programa para darlle cumprimento ás necesidades nas áreas de infancia e de maiores”, subliñou o rexedor ourensán, que engade que “estamos ante un dos proxectos máis importantes que albergará a nosa cidade polo seu carácter innovador e fondamente inclusivo”.

A construcción e o equipamento será sufragado pola FAO, mais o consorcio será o responsable, xunto co Concello de Ourense, da posta en marcha do centro e da integración na rede pública de escolas infantís Galiña Azul.

Artigos relacionados

Back to top button