EconomíaEconomíaÚltima hora

O futuro da industria forestal galega será analizado nunhas xornadas na Veiga

A xornada celebrarase o martes 11 de decembro a partires das 16:30h. no Toural
Programa da xornada.

A sala de conferencias O Toural da Veiga, acollerá o vindeiro martes 11 de decembro, unha xornada sobre o desenvolvemento do agro-forestal, contando cos referentes da investigación e desenvolvemento deste sector a nivel galego.

O acto contará coas intervencións do director da Axencia Galega da Industria Forestal, do presidente da Fundación Salcines, dun representante de Unións Agrarias e do presidente do Clúster da Madeira, e abrirase un debate sobre o modelo de xestión forestal de Galicia, e as posibilidades de que o monte galego pase por crear polígonos forestais para crear industria. Trátase dunha medida que podería implicar un importante desenvolvemento económico para zonas que actualmente están infraexplotadas e, ademais, servirá, segundo os expertos, para reducir o problema dos incendios forestais que asolan o territorio.

As xornadas serán inauguradas ás 16:30h. polo presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar, polo presidente do Grupo Colmeiro Luis Caramés e polo alcalde da Veiga Juan Anta.

Artigos relacionados

Back to top button