CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O gaiteiro ourensán Jhonathan Ferreira acompaña a Carlos Núñez no concerto de Fin de Ano

Os músicos galegos despedían o 2018 no Palau de la Música de Barcelona

Cada ano dende o 2005, no marco do Milenni Festival, o gaiteiro galego Carlos Núñez celebra o Fin de Ano cun multitudinario concerto no Palau da Música de Barcelona. Neste 2018 non foi unha excepción e na noite do 31 de decembro subíase ao escenario para compartir a súa música co público. E facíao un ano máis acompañado polo gaiteiro ourensán Jhonathan Ferreira, director da Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora). O concerto contou ademais coa actuación do arpista bretón Alan Stivell, unha lenda da música folk.

 

O gaiteiro ourensán Jhonathan Ferreira.

 

Tal como explica o propio Ferreira, o concerto colgou o cartel de completo “como vén sendo habitual en todos os concertos que Carlos Núñez e a súa banda realizan, facendo vibrar, botar, bailar e cantar a todos os asistentes nunha actuación que durou máis de dúas horas e que podería seguir ata altas horas da madrugada”.

O músico ourensán tamén adianta que Carlos Núñez segue contando coa colaboración da Banda de Gaitas As Portelas de Lubián para este ano. “A relación musical e humana entre Carlos e a Banda vai más alá do estrictamente profesional, hai unha relación de amizade e cariño moi fuerte e Carlos demóstranolo sempre”, di Jhonathan, asegurando que de cara este 2019 xa teñen moitos proxectos en conxunto enriba da mesa.

Fotos: Juan Carlos González.

Artigos relacionados

Back to top button