CulturaCulturaÚltima hora

O galego, no festival de poesía das Américas en Nova York

O encontro reunirá a 60 poetas orixinarios de 15 países diferentes e representando poesía escrita en cinco linguas

A cidade de Nova York acollerá do 15 ao 17 de outubro o Festival de Poesía das Américas (The Americas Poetry Festival) cun formato multilingüe. Terá como sedes a División de Estudios Interdisciplinarios de City College de CUNY no sur de Manhattan, o Instituto Cervantes no centro este da illa e a casa natal de Walt Whitman en Huntington Long Island. A cita conta coa participación de 60 poetas orixinarios de 15 países diferentes e representando poesía escrita en 5 linguas: Portugués, Español, Inglés, Hindi e Galego.

Dentro da representación de autores españois están Rosana Acquaroni, Marta López-Luaces, Francisco X. Fernández Naval, Juan Antonio González Fuentes.

Imaxe promocional do evento.
Imaxe promocional do evento.

O punto de partida do programa, segundo a organización, será unha lectura no Auditorio do Center For Worker Education, no 25 Broadway, 7th floor (New York, New York 10004) de 6 a 9 PM. O segundo día desenvolverase unha lectura multilingüe e unha conferencia na casa natal de Walt Whitman (Walt Whitman Birthplace State Historic Site and Interpretive Center at 246 Old Walt Whitman Road, Huntington Station, NY) de 11 AM. A 2 PM. Esa mesma noite, de 6 a 9 PM., o festival regresa ao 25 Broadway, 7th floor.

A terceira e derradeira xornada incluirá unha mesa redonda sobre as relacións entre poesía e tecnoloxía de 1 a 2:30 PM. e unha lectura multilingüe de 3 a 5 PM. alí mesmo no 25 Broadway, 7th floor. O peche do festival celebrarase no Instituto Cervantes onde ademais dunha lectura multilingüe haberá un concerto a cargo de Rosalía Mowgli. Artepoética Press Inc. ten editado una antoloxía multilingüe cunha mostra da poesía dos participantes. Pode verse en:
http://www.artepoetica.com/multilingual-anthology-americas-poetry-festival-new-york-2014/

O respaldo principal para este festival provén do Center For Worker Education, sede da División de Estudios Interdisciplinarios e do programa de mastría no Estudo das Américas.

Artigos relacionados

Back to top button