CulturaCulturaÚltima hora

O galeguismo no exilio mexicano no “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras” na Coruña

O historiador Uxío-Breogán Diéguez abordará este tema nunha conferencia o 20 de outubro na AC Alexandre Bóveda

 

Prosegue o programa do “I Ciclo de Encontros sobre Valdeorras. A Memoria Histórica” que se desenvolve dende mediados de setembro na Coruña, organizado polo colectivo Valdeorras Infinda e pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Desta volta a conferencia, que se celebrará novamente na sede da Asocación Cultural Alexandre Bóveda, xirará arredor do “galeguismo no exilio mexicano” e será impartida por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Terá lugar o próximo mércores, 20 de outubro, ás 19:30h.

O ponente abordará como en México o galeguismo político organizou, cos primeiros exiliados, un nutrido grupo despois do golpe militar de 1936. Nese grupo destacaron figuras como o poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán, Luísa Viquiera Landa e Luís Soto. Aquel grupo deu lugar á organizacións e publicacións de enorme interese, caso do Padroado da Cultura Galega e Vieros, respectivamente.

Uxío-Breogán Diéguez é doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona, profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Así mesmo é autor de numerosas investigacións e libros sobre historia política e movemento obreiro como, entre outros, Álvaro de las Casas. Biografía e Documentos (2003) ou NacioNalismo galego aquén e alén do mar 1936-1975 (2015).

Artigos relacionados

Back to top button