EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea asina un convenio con Abanca

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da comarca pertencentes á asociación accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado
Sinatura do convenio entre o GDR Sil-Navea-Bibei e Abanca.

Promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da zona que abrangue o Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea (GDR 11) é o obxectivo do convenio de colaboración que veñen de asinar en Ourense na mañá do 13 de abril o seu presidente, Francisco Magide, e o director de zona de Abanca en Ourense-Este, Diego Fernández Borrajo.

“O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da comarca pertencentes á asociación accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os afiliados contarán con produtos específicos de Abanca co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O plan tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior”, tal e como se indica dende esta entidade bancaria.

Ademais os asociados deste GDR poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO e IGAPE, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo. Tamén poderán aproveitarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas e tarxetas, polas transferencias, o ingreso de cheques ou outros servizos habituais.

O GDR Sil-Bibei-Navea constituíuse no ano 2008 e agrupa os intereses de diversos colectivos destas localidades do interior de Ourense, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizos e industriais, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button