En portadaÚltima hora

O GDR Sil-Bibei-Navea xestionará 1.120.625 euros no bienio 2018-19 para impulsar 16 proxectos

Está integrado por 10 concellos: Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Montederramo, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil
Un dos momentos da visita na que a delegada estivo acompañada pola alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome, entre outras autoridades.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Sil Bibei Navea (GDR8) de Ourense xestionará 1.120.625 euros no bienio 2018-2019 para impulsar 16 proxectos. Así o destacaba a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, na visita que realizaba na mañá do 10 de decembro ás obras de rehabilitación dunha casa reitoral de Parada do Sil que se están a executar grazas ás subvencións ao abeiro do programa Leader. Nesta visita estivo acompañada pola alcaldesa de Parada de Sil, Yolanda Jácome; e polo presidente do GDR8, Francisco Magide, entre outras autoridades.

Este inmoble pretende convertirse nun establecemento de turismo rural de seis cuartos dobres e restaurante de dous garfos. O obxectivo é abordar un proxecto de aloxamento rural destinado a un público familiar que desexe un turismo de natureza e gastronómico. Esta iniciativa suporá un investimento total que supera os 441.000 euros, cunha achega de 200.000 euros de axudas a través do GDR Sil Bibei Navea.

As 16 iniciativas apoiadas coas axudas do GDR8 teñen que ver con eidos coma os servizos sociais, a promoción empresarial ou a acción cultural e turística, promovidos por entidades locais ou por particulares e que se desenvolverán nos 10 concellos que o integran: Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, A Pobra de Trives, Montederramo, San Xoán de Río, Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button