ConcellosEn portadaÚltima hora

O GDR Valdeorras aproba 10 proxectos na convocatoria Leader 2021/22

 

A Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR7) Valdeorras vén de aprobar 10 proxectos nesta convocatoria Leader 2021-2022, dos cales 8 son de tipoloxía produtiva e 2 de tipoloxía non produtiva.

“Os proxectos produtivos podémolos separar na ampliación de 6 empresas existentes e a creación de 2 novas empresas”, matizan dende o GDR. Estes proxectos produtivos supoñen un investimento de 1.101.700,13 € e recibirán unha axuda de 548.257,30 €, repartida en dúas anualidades.

Con estes proxectos consolídanse un total de 17,79 postos de traballo e créanse 17,75 dos cales 15,75 sería en colectivos desfavorecidos, segundo a información achegada dende o GDR Valdeorras.

Por outra banda, os proxectos non produtivos supoñen un investimento de 86.829,10 € e recibirán unha axuda de 62.584,19 € repartida en dúas anualidades.

Artigos relacionados

Back to top button