EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Valdeorras asina un convenio de colaboración con Abanca

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Valdeorras e Abanca veñen de asinar un acordo de colaboración que busca, principalmente, “atender ás demandas dos empresarios e a creación de emprego e autoemprego no sector servizos, industrial e agrogandeiro”.

O acordo foi asinado esta mañá no Barco de Valdeorras polo coordinador institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso, e pola presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Valdeorras, María del Carmen González. A través deste documento, o banco mantén a súa aposta polo sector agrogandeiro e forestal da comarca.

O texto amosa a súa “aposta pola reactivación económica a través do crédito, que permitirá aos beneficiarios poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Desta forma, os asociados ao GDR poderán acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario ou avais”, segundo a entidade bancaria.

No convenio detállase unha oferta específica para os proxectos do sector primario con créditos e préstamos deseñados específicamente para o sector, descontos comerciais, confirming ou factoring, pero tamén préstamos e anticipos para as colleitas ou devolución de subvencións.

Os membros do GDR terán tamén acceso ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Artigos relacionados

Back to top button