EconomíaEconomíaÚltima hora

O GDR Valdeorras asina un convenio financeiro con Abanca

O obxectivo é promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da zona que abrangue esta entidade
De esquerda a dereita, Alberto López Sánchez (coordinador de Negocio Institucional de Abanca) e María Carmen González Quintela (presidenta da Asociación GDR Valdeorras).

Na mañá do 18 de abril tiña lugar na Casa Grande de Viloira (O Barco) a sinatura dun convenio financeiro entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Valdeorras (GDR7) e Abanca. Con este acordo búscase promover, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da zona que abrangue esta entidade, que é a comarca valdeorresa.

No acto da sinatura participaban a presidenta do GDR, María del Carmen González Quintela, e o coordinador de Negocio Institucional en Lugo, Alberto López Sánchez. Este acordo renova a aposta da entidade financeira co tecido empresarial da provincia de Ourense.

“O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da comarca pertencentes á asociación accedan a unha ampla oferta financeira, con condicións vantaxosas respecto ao mercado. Así, os afiliados contarán con produtos específicos de Abanca co obxectivo de atender as necesidades do día a día das empresas: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O plan tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior”, explican dende esta entidade.

Do mesmo xeito, os asociados poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con ICO e IGAPE, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo. Tamén poderán aproveitarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas e tarxetas, polas transferencias, o ingreso de cheques ou outros servizos habituais.
Así mesmo, co ánimo de optimizar a calidade do servizo e dar unha atención máis personalizada aos asociados á GDR, o banco poñerá a disposición dos interesados persoal especializado na xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada afiliado.

O GDR Valdeorras agrupa os intereses de empresas desta comarca ourensá, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de servizos e industriais, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button