En portadaÚltima hora

O GES Valdeorras elimina dous niños de velutina no Barco

Foron localizados na zona de xardíns do barrio de San Roque

 

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Barco vén de eliminar dous niños de Vespa velutina dun tamaño xa considerable e que estaban situados entre os setos nos xardíns do barrio de San Roque. O GES era alertado polo encargado de xardíns do Concello e procedía nesta mesma mañá a eliminalos.

Esta especie invasora de avespa continúa expandíndose pola comarca, de aí a importancia de que a poboación estea atenta e teña moito coidado xa que os niños poden atoparse tanto en puntos altos como tamén a pouca altura ou mesmo no chan. No caso de localizar un niño é importante avisar a través do teléfono 012.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button