ConcellosO BarcoÚltima hora

O GES Valdeorras elimina un niño de velutina no Barco e outro en Arcos (Vilamartín)

 

Nova intervención do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) Valdeorras con relación á praga da Vespa velutina. Os seus efectivos veñen de eliminar dous novos niños desta especie invasora.

 

Niño de vespa velutina nun edificio do Chao, no Barco.

 

Un deles estaba baixo o toldo da fiestra do cuarto piso dun edificio da zona do Chao no Barco e outro no faiado inaccesible dunha casa antiga en Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

Fotos cedidas.

 

Un efectivo do GES Valdeorras no operativo para eliminar o niño en Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

Artigos relacionados

Back to top button