ConcellosÚltima hora

O GES Valdeorras limpa de “verdín” o chan de mármore e caliza da praza Maior do Barco

Empregouse unha limpadora de agua a presión do Concello do Barco e tamén o furgón FSV (Furgón de Salvamentos Varios) do servizo
Un dos momentos da limpeza realizada polo GES na praza Maior do Barco.

Na xornada do 18 de decembro os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras veñen de realizar labores de limpeza na praza Maior do Barco. En concreto interviñan para eliminar a esvaradiza capa de “verdín” que aparece no chan desta céntrica zona da vila, de mármore no centro e de rocha caliza nos laterais.

“Esta última pedra é máis porosa, e polo tanto máis afectada”, explican dende o GES Valdeorras. Esta tarefa supuxo 6 horas de traballo pola mañá, “polo que nese tempo o GES non estivo dispoñible de forma efectiva para o seu cometido principal: as emerxencias”, segundo este servizo.

Para o traballo empregouse unha limpadora de agua a presión do Concello do Barco e tamén o furgón FSV (Furgón de Salvamentos Varios) do servizo que, aínda que carece de alta presión, foi de axuda polo seu maior caudal.

 

Labores de limpeza nun dos laterais da praza Maior do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close