EconomíaEconomíaÚltima hora

O GES Valdeorras localiza un novo niño primario de velutina durante un desbroce

Ültimo niño de velutina atopado no municipio do Barco.

 

A Vespa velutina segue penetrando en Valdeorras. Tras o primeiro niño primario atopado na comarca o 28 de abril no casco urbano do Barco, seguen aparecendo máis en diferentes puntos. O último atopábao o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras mentres realizaban tarefas de desbroce en Castro de Vilariño (O Barco).

Estaba construído entre a maleza e os membros do GES procedían á súa retirada. Tratábase tamén dun niño primario desta especie invasora.

Os niños de velutina son de cor marrón pardo e por cada un que se retire evítanse 50 niños no ano seguinte, de aí a importancia da colaboración cidadá no caso de localizarse algún. Para a retirada dos niños hai que chamar ao 012 ou ao 112.

 

Imaxe do entorno no que foi atopado.

Artigos relacionados

Back to top button