EconomíaEconomíaÚltima hora

O GES Valdeorras neutraliza un enorme niño secundario de velutina en Valencia do Sil

Ademais procedía á retirada doutro niño, anteriormente neutralizado, no mesmo Vilamartín

 

Niño de velutina en Valencia do Sil.

 

No mediodía do 27 de novembro os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras procedía a neutralizar con veleno o niño secundario de Vespa velutina que se tiña localizado na pasada fin de semana no lugar de Santiago en Valencia do Sil (Vilamartín). Este niño, que estaba activo no momento da intervención e tiña xa unhas grandes dimensións, será retirado nuns días.

 

Un dos membros do GES Valdeorras, usando a pértega para neutralizar o niño.

 

O niño de velutina estaba activo e tiña xa unhas grandes dimensións.

 

O niño está situado na parte alta da árbore.

 

Momento da chegada do GES Valdeorras á proximidades do niño.

Retirada doutro niño de velutina en Vilamartín

Ademais, na mañá do 27 de novembro, o GES Valdeorras procedía a retirada doutro niño que fora anteriormente neutralizado tamén en Vilamartín de Valdeorras. Nestas imaxes pode verse o resultado da súa actuación.

 

O GES Valdeorras retirando outro niño xa neutralizado en Vilamartín.

 

O niño caído.

 

Algunhas das velutinas e celdiñas do interior do niño.

 

Coa caída das follas das árbores resulta máis doado avistar este tiño de niños situados en altura. No caso de localizarse, recoméndase chamar ao 012 para que se proceda a súa retirada, evitando deste xeito que as raíñas que conteñen poida ser fecundadas e, tras hibernar, creen novos niños na vindeira primavera.

Artigos relacionados

Back to top button