ConcellosO BarcoÚltima hora

O GES Valdeorras retira 2 niños de velutina de gran tamaño e inactivos en Vilariño (O Barco)

 

Na mañá deste sábado 19 de decembro o Grupo de Emerxencias Supramunipal (GES) Valdeorras procedía á retirada de dous niños secundarios de Vespa velutina na localidade de Vilariño (O Barco). Os niños, de considerables dimensións e que estaban xa inactivos, encontrábanse no interior dun alpendre.

O temporal destes días abría a porta de madeira deste lugar e eran entón cando os veciños descubrían os niños.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button