ConcellosEn portadaÚltima hora

O GES Valdeorras retira en Pumares o niño de velutina máis grande atopado ata agora en Valdeorras

É ademais o primeiro localizado no municipio de Carballeda de Valdeorras e estaba situado nunha árbore a 5 m de altura
Niño de Vespa velutina retirado en Pumares (Carballeda de Valdeorras), na base do GES Valdeorras.

 

Seguen retirándose niños secundarios de Vespa velutina en Valdeorras e cada vez de maior tamaño. Na xornada do 28 de novembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras procedía á retirada dun novo niño deste tipo na zona de Pumares (Carballeda), moi preto da vía do ferrocarril.

Estaba situado nunha árbore a uns 5 metros de altura e trátase do niño máis grande atopado ata o momento en Valdeorras. Mide uns 70×50 cm. Este é ademais o primeiro niño que se localiza no municipio de Carballeda de Valdeorras.

No caso de descubrir un niño de velutina, recoméndase dar aviso ao 012. A caída das follas está deixando ao descuberto nestes días este tipo de niños, antes ocultos no alto das árbores.

 

O niño secundario de velutina de Pumares na árbore na que se atopaba.

 

Este é o niño máis grande atopado ata o momento na comarca de Valdeorras, con 70×50 cm.

 

O niño tras ser retirado polo GES.

Artigos relacionados

Back to top button