ConcellosO BarcoÚltima hora

O GES Valdeorras retira un niño secundario de velutina dun parque do Barco

 

Na mañá deste domingo 30 de agosto o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Valdeorras procedía á retirada dun niño secundario de Vespa velutina, situado nunha árbore do parque do barrio barquense de San Roque.

Esta é xa a segunda vez que o GES elimina un niño desta especie invasora nesta zona da vila, situada moi preto do río Sil.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button