En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O GES Valdeorras retira un novo niño de velutina no Barco

Dende o pasado mes de maio teñen sido xa varias as intervencións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Valdeorras (GES) no Barco con relación á Vespa velutina. A última tiña lugar na tardiña do 6 de xuño, coa retirada dun niño primario localizado na urbanización A Cerámica deste municipio valdeorrés. No niño, ademais da raíña, había xa moitas larvas.

A presenza da Vespa velutina na comarca, que se segue constantando día a día, preocupa e moito aos apicultores valdeorreses.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button