DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Gijón FS dálle a volta ao marcador e lévase os tres puntos ante o Pizarras los Tres Cuñados FS

Co 3-4 no marcador remataba o partido da 9ª xornada de liga en 2ª B disputado en Calabagueiros (O Barco)

 

Segundo o desenvolvemento do partido, ninguén se esperaba o resultado. Nin a afección, nin a directiva nin moito menos os xogadores. Cun insólito 3-4 remataba o partido de segunda B disputado na tarde do 9 de novembro no pavillón barquense de Calabagueiros entre o Pizarras Los Tres Cuñados FS e o Gijón Playas FS.

Despois dunha mala racha, os de Xocas chegaban ao partido con ilusión e a necesidade de sumar para non quedar descolgados da metade da clasificación e o certo é que non xogaron mal. De feito dominaron durante toda a primeira parte con numerosas ocasións de gol e o 2-1 no marcador (os dous goles de Bruno).

Na segunda metade mantiñan o ritmo e Gonzalo poñía o 3-1 dando por bo o resultado pero o partido non rematara e nun abrir e pechar de ollos os visitantes lograban darlle a volta ao marcador. Un erro en saída facía encaixar o 3-2 ao Tres Cuñados e a partir de aí os nervios locais e o acerto vistante impediron o empate e moito menos a vitoria.

A vindeira semana ao conxunto valdeorrés tocaralle visitar a cancha do colista, o Prone Lugo na que será a décima xornada de liga.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button