OurenseÚltima hora

O Goberno autoriza a licitación das obras do tramo Eirasvedras–Quintela da variante norte de Ourense, por máis de 28M de euros

A actuación inclúe un viaducto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos–Vigo (Viaducto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores

 

Plano do proxecto.

 

Na reunión deste martes 7 de setembro, o Consello de Ministros, autorizaba ao Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana (MITMA) a licitación do contrato de obras da “Variante de Ourense. Tramo: Enlace de Eirasvedras coa N-120 no seu PK 573,800 – Enlace de Quintela coa N-120 no seu PK 572,000”, na provincia de Ourense, cun valor estimado de 28,78 millóns de euros.

O trazado deste primeiro tramo de 1,7 km de lonxitude da variante Norte de Ourense, que se integrará na futura A-56 entre Ourense e Lugo, ten a súa orixe na contorna do actual enlace de Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na N-120, enmarcándose nun entorno periurbano.

As dúas calzadas da variante norte de Ourense proxéctanse conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da N-120 en ambos os sentidos. O tramo finaliza no enlace de Quintela, onde conecta de novo coa N-120 á altura do núcleo de Tarascón (PK 572). Neste punto, proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo do variante norte de Ourense entre Quintela e A Casilla.

Ao longo do trazado deséñanse 2 novos enlaces: o de Eirasvedras e o de Quintela. O tramo inclúe, como obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos–Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais do enlace de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo.

Artigos relacionados

Back to top button