DeportesÚltima hora

O Goberno central exclúe a pesca deportiva das actividades permitidas na fase 1 da desescalada

A Xunta interpetaba que si estaba incluída e daba por retomada a actividade tramitando xa a renovación de máis de 2.700 licenzas

Pescador no río Sil. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os pescadores están confundidos sen saber moi ben se coller as canas e ir ao río ou seguir esperando. E non á para menos, aínda que de momento e segundo o Estado a segunda opción é a correcta.

Hai só uns días, o Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria en Galicia acordaba dar por retomada a actividade da pesca fluvial, “respectando todas as medidas de protección individual e respectando todos os parámetros para a realización da actividade física ao aire libre”. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente tramitaba a renovación de “máis de 2.700 licenzas de pesca deportiva”.

Segundo a interpretación da Xunta, a pesca fluvial está amparada na orde do 1 maio ao ser “unha actividade deportiva exercida individualmente e ao aire libre; e non unha actividade agraria, tal e como apuntaron dende o Goberno central”, sinalando que a orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se regula a práctica do deporte profesional e federado “non exclúe a pesca fluvial”.

Pero o certo é que segundo a orde publicada no BOE neste sábado 9 de maio, o Goberno si exclúe a práctica da pesca e da caza deportivas das actividades permitidas durante a fase 1 da desescalada que arrancará este luns 11 de maio en Galicia.

A disposición final segunda, punto 2 da orde pola que “se modifica a Orde SND/380/2020, de 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional aoaire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”, recolle que “aos efectos do previsto nesta orde, queda permitida a práctica non profesional dos deportes individuais que non requiran contacto con terceiros, así como os paseos. Ditas actividades poderán realizarse unha vez ao día e durante as franxas horarias previstas no artigo 5. Non se encontra comprendida dentro desta habilitación a práctica da pesca e caza deportiva”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close