En portadaÚltima hora

Quedan eliminadas as franxas horarias para a saída dos nenos e o deporte non profesional

En Valdeorras, O Barco era a única localidade que mantiña as restriccións ao contar con máis de 10.000 habitantes

Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Goberno vén de dar un paso máis na flexibilidade do estado de alarma eliminando as franxas horarias para a saída dos nenos así como para a práctica do deporte non profesional e individual para aqueles territorios que xa estén na fase 2 do proceso de desescalada, como é o caso de Galicia.

Así o recolle unha orde do Ministerio de Sanidade publicada hoxe, mércores 27 de maio no BOE, que ten efectos inmediatos, e que permitirá os desprazamentos da poboación infantil e a práctica da actividade física non profesional fóra dos horarios establecidos o pasado 25 de abril (de 6 a 10 e de 20 a 23 para o deporte individual e paseos; e de 12 a 19h. para a saída dos nenos).

Na comarca de Valdeorras, a maioría das localidades, con menos de 10.000 habitantes, xa non tiñan esas resctriccións, pero si se mantiñan na capital da comarca, O Barco, ata hoxe.

Na orden recollida no BOE do 27 de maio tamén se eliminan as limitacións no número de veces que se poden realizar estas actividades diariamente.

 

Artigos relacionados

Back to top button