En portadaÚltima hora

O goberno español mobilizará 200.000 millóns de euros para mitigar o impacto económico do coronavirus

Así o anunciaba Pedro Sánchez tras o Consello de Ministros extraordinario que se celebraba esta mañá. Inclúe medidas para "protexer a familias, traballadores e empresas, e reforzar a investigación científica contra este virus"

Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tras o Consello de Ministros que se celebraba na mañá deste 17 de marzo, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciaba un real decreto con medidas extraordinarias co que se mobilizarán ata 200.000 millóns de euros para tratar de paliar o impacto económico xerado polo coronavirus.

Aprobábanse catro grupos de medidas: para as “familias máis vulnerables”, para a protección do emprego, para o apoio ás empresas e, finalmente, para o reforzo da investigación científica contra o coronavirus.

No referente ás  familias más vulnerables, destinaranse  600 millóns de euros para servizos sociais con especial atención a persoas maiores e dependentes, a protección dos suministros de enerxía, auga e de telecomunicacións e unha moratoria no pago das cotas hipotecarias.

En materia de protección do emprego, acordábase a redución de xornada para os traballadores asalariados, o teletraballo como medida de flexibilidade principal, a promoción dos ERTEs mediante a súa flexibilización e consideración de forza maior, ademais os traballadores terán dereito á prestación contributiva por desemprego.

 

Pedro Sánchez, tras o Consello de Ministros./ Foto: Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa

 

Por outra banda, en caso de ERTEs, exonerará ao empresario da aportación das cuotas da Seguridade Social e darase facilidade para o cese de actividade para os autónomos e o cobro da súa prestación en caso de dificultade económica.

En terceiro lugar inclúese un grupo de medidas de apoio ás empresas: unha liña de avais e garantías públicas de ata 100.000 millóns de euros creando ademais liñas de avais adicionais de 2.000 millóns de euros para empresas exportadoras e PEMES, medidas para facilitar a reestruturación de créditos agrarios, programas de apoio á dixitalización e a I+D das PEMES, réxime específico de suspensión de contratos públicos.

Ademais impedirase que “empresas de países de fóra da UE poidan controlar entidades españolas en sectores estratéxicos”.

Finalmente, tamén se aprobaba un grupo de medidas de reforzo da investigación científica contra o COVID-19: 30 millóns de euros para dotar ao Consello Superior de Investigacións Científicas e ao Instituto de Saúde Carlos III de recursos esenciais.

 

Artigos relacionados

Back to top button