En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O godello fúndese coa música de ELE no xardín de Godeval

O xardín desta adega en Xagoaza (O Barco) convertíase en escenario de degustación e dun concerto na noite do 8 de xullo

A singular voz de ELE (Elena Iturrieta), acompañada por unha banda de seis músicos, enchía de ritmos de soul, rhythm and blues e mesmo de melodías galegas a noite do 8 de xullo. O seu concerto era un dos ingredientes principais, xunto co godello, da “Velada dos Sentidos” que organizaba, entre viñedos, a adega Godeval no seusxardíns en Xagoaza (O Barco).

Numerosas persoas asistían a esta cita que comezaba a partires das oito da tarde con degustacións de tres viños diferentes da adega, que se podían mercar por copa ou por botella, acompañados de tres tipos diferentes de tapas, elaboradas por Mesón Museo.

A partires das dez ELE saía ao escenario e comezaba un concerto no que a cantante e compositora madrileña engaiolaba coa súa singular voz ao público e no que o agasallaba con pezas como “Negra Sombra”. A actuación prolongábase ata a medianoite, momento no que o viño deixaba paso a coctelería de Diego Mosquera, onde os protagonistas eran os destilados que elabora Godeval.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.

Artigos relacionados

Back to top button