EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O godello valdeorrés María Mombrela, prata en brancos con crianza no VIII Concurso Viño Varietal

 

A organización do VIII Concurso Viño Varietal (antes MonoVino) vén de facer público os premios desta edición, que se celebraba no Restaurante Nou Racó do Palmar (Valencia) en xuño. Este certame internacional valora a calidade de viños elaborados cunha variedade de uva dominante, polo menos o 80% na súa composición, segundo a vixente normativa europea e adscritos/amparados por unha Denominación de Orixe Protexida, Indicación Xeográfica ou certificados como Viño Varietal.

Entre os galardoados nesta ocasión figura o viño valdeorrés María Mombrela Godello by Arantxa Barros 2018 de Mombrela Viñedos y Bodegas. Lograba a prata na categoría de viños brancos con crianza.

Trátase dun proxecto persoal de Arantxa Barros que ten como base o legado da súa avoa María Nieves, da que toma o nome “María” a marca, e tamén da súa familia, alcumada “Mombrela”.

Este godello ten fermentación alcohólica en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada e unha porcentaxe en barricas de carballo francés de 500 litros. Batonage e crianza sobre lías máis permanencia en botella durante 8 meses aproximados.

Artigos relacionados

Back to top button