CD BarcoDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O gol de Ivi Vales dálle ao Barco a 3ª vitoria consecutiva no que vai de liga

Co 1-0 remataba o partido disputado na tarde deste 26 de setembro en Calabagueiros ante o Rápido de Bouzas

 

Tres de tres. Da mellor forma posible comezaba o CD Barco de Javier Rey esta nova tempada en Terceira División RFEF.

Tras unha intensa pretempada na que os vermellos foron de menos a máis, os barquenses comezaban a liga vencendo 2-1 ao Silva SD (goles de Óscar Matín). Unha semana máis tarde lograban remontar un marcador en contra, superando 2-4 ao Estradense no seu propio campo, cos goles de Óscar Martín e Javier Pazos que facía triplete. E na tarde deste domingo 26 de setembro sumaban a terceira vitoria consecutiva, vencendo desta volta pola mínima, ao Rápido de Bouzas.

 

 

O partido desenvolvíase de xeito intenso, con constantes ataques por parte de ámbolos dous equipos, aínda que eran os locais os que acababan dominando a primeira metade do encontro, especialmente tralo gol de Ivi Vales no minuto 19. Chegaban incluso a estrelar un balón no largueiro pero o marcador xa non se movería, rematando o encontro co 1-0 final. Na segunda parte o técnico local, realizaba todos os cambios: Adri Díaz entraba por David Álvarez, Iván Tato por Duque e Rodri Alonso por Javier Pazos.

Con este resultado o CD Barco suma xa 9 puntos manténdose unha semana máis como líder da clasificación. A seguinte cita levaráo ata Vilalba para enfrontarse ao Racing Club Vilalbés, sétimo clasificado con 4 puntos.

Fotos:  Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button