CulturaCulturaÚltima hora

O Goya de Chechu Salgado paséase por Sober

 

O domingo 10 de abril o actor Chechu Salgado conquistaba ao público como pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, en Sober. E non contento con iso, acercou o seu premio Goya como mellor actor revelación por Las Leyes de la frontera para que a xente do municipio puidera velo, un detalle que agradecen dende o Concello. Na galería de imaxes podemos velo con varios veciños do pobo.

 

O actor Chechu Salgado deixa o seu Goya ao alcalde de Sober.

 

“Grazas Chechu por querer nacer aquí de novo. Se volveras nacer, nós tamén te queremos de Sober”, aseguran orgullosos dende o tente local.

Artigos relacionados

Back to top button