CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O grupo Augas do Sil abre as VIII Xornadas de Teatro da Rúa

A de San Clodio (Lugo) foi a primeira das sete agrupación teatrais que actuarán este ano

Coa posta en escena da obra “Menciñeiro á forza”, o grupo de teatro Augas do Sil de San Clodio (Lugo) abría na tarde do 22 de abril as VIII Xornadas de Teatro da Rúa que este ano estenderanse ata o 10 de xuño, coma sempre no Centro Cultural Avenida, ás seis da tarde.

A seguinte cita (a única que cambia de ubicación) será o vindeiro 29 de abril na Casa da Cultura “o único espazo adaptado para moverse en cadeira de rodas”, explica Maribel Campos dende A Ruada. Alí acturá o grupo de teatro de AMBI de Ponferrada, presentando a obra “Vivan los novios”.

Este ano volverá actuar na Rúa o grupo TEF Chaves de Portugal, cunha función moi especial, o luns 1 de maio, a favor da Asociación Española Contra o Cancro na que tamén actuará o grupo de música tradicional Abertal. Os portugueses, que xa na pasada edición encandilaron ao público, presentarán a obra “Bailado russo” e a entrada será para a a AECC Valdeorras.

Volvendo ao horario de sábado o día 20 tocaralle o turno aos anfitrións A Ruada que presentarán “O Velatorio”, a obra coa que tiñan programado pechar a anterior edición e que tiñan que suspender por motivos persoais. Tamén o grupo Aneis de Xinzo de Limia, que se estreaba na Rúa o ano pasado volverá subirse ao escenario do CCA. O seu turno será o día 27 de maio coa obra “Malos tempos”.

E xa no mes de xuño, haberá outras dúas representacións: Candea de Viana do Bolo presentará “Almas Sinxelas” o día 3; e PRODEME de Monforte, “Diñeiro B” o día 10.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button