CulturaCulturaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

O grupo Candea abre en Viana a mostra de teatro afeccionado

A Ruada da Rúa e Xaime Prada de Vilamartín completan as xornadas teatrais neste mes de agosto

Xan é un home que está moi enfermo e os seus familiares (muller e irmá) fan contas do que lles vai custar o funeral posto que queren que estea por riba de outro que acaba de organizar unha familia veciña, pero gastando o menos posible. É o argumento de “Os cravos de prata” unha peza teatral baseada na sátira dramática do irlandés Nicolás Bela que o grupo Candea poñía en escena na tarde-noite do 7 de agosto.

Con esta obra, aderezada con pinceladas de humor e un final sorprendente, o grupo de Viana abría a III mostra de teatro afeccionado. A segunda representación está prevista para o domingo día 14 de agosto e virá da man de A Ruada que interpretatá “Os amores de Don Saturio”. A terceira e última sesión, prevista para o domingo 17 de agosto será a do grupo Xaime Prada coa súa comedia “A idade do pavosaurio”.

As representacións son na Casa da Cultura de Viana do Bolo ás 21 horas.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button