CulturaCultura

O Grupo Cuevas convoca aos artistas galegos a representares o paso do tempo cun concurso

O “I Concurso Ignacio de las Cuevas de creatividade artística” dotará con 2.500 euros ao artista gañador e está englobado dentro das iniciativas que o grupo fai polo seu 15o aniversario
César Taboada e Artur Yuste sosteñen o cartel do concurso.

O Grupo Cuevas lanza unha convocatoria a todos os artistas de Galicia para “representar o paso do tempo a través dunha fotografía, unha obra de arte ou en soporte dixital”, así o explicou o xerente do propio Grupo, Artur Yuste. A organización está en plena celebración do seu 150 aniversario e por iso convocan o “I Concurso Ignacio de las Cuevas de creatividad artística”. Esta proposta estará activa durante os nove próximos meses e forma parte da iniciativa “Jóvenes centenarios” que a compañía está a levar a cabo polo seu aniversario.

O certame está orientado a obras gráficas con técnica libre e deben de ter un formato máximo de 150 centímetros en calquera dos seus lados. O prazo de presentación dos mesmos concluirá o 28 de abril. Pola súa banda, o xurado estará conformado por expertos de diferentes campos artísticos e será presidido polo docente e pintor César Taboada, que se mostrou “profundamente entusiasmado” por un proxecto “cunhas características moi especiais”, dixo. Asemdade, o director da Escola Superior de Arte Antonio Faílde de Ourense, dixo que é moi bo “que unha empresa privada tamén entren a formar parte da promoción da arte, e que se envorquen desta maneira nun proxecto artístico é moi de agradecer”. O premio está dotado de 5.000 euros que se dividirán nun primeiro premio de 2.500 euros e unha mención especial “Novos talentos” de 2.500 euros tamén.

Estes expertos escollerán un total de 40 obras finalistas na primeira quincena de maio, emitirá o seu ditame a finais do mes de xuño, para darlle comezo á exposición colectiva “que se fará nas principais salas e espazos urbanos abertos dos principais núcleos galegos”, dixo Artur Yuste, que subliñou durante a presentación que este concurso “servirá para unha incitación ás artes plásticas, un mundo de grande importancia que non pasa os seus mellores momentos, e parece oportuno e necesario facer estímulos que reactiven o talento e que precisamos tanto no noso país”. Finalmente concluíu dicindo o seguinte: “espero que poder representar o paso do tempo a través de las creacións artísticas espero que nos reconcilie con esa idea tan entendida de que para un galego o tempo pasado é sempre tempo gañado”.

Artigos relacionados

Back to top button