EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O grupo Cupa Group leva contratadas no 2021 a máis de 100 persoas nos seus centros de Valdeorras e do Bierzo

Nestes momentos está buscando diferentes perfís profesionais para reforzar departamentos corporativos nas súas oficinais centrais en Sobradelo

 

Cupa Group ten contratado en 2021 a máis de 100 persoas para os seus centros de produción de lousa no Bierzo e Valdeorras, tal e como informa esta compañía, líder mundial en comercializadión de lousa. O proceso de contratación, para reforzar o persoal de canteira e as plantas de transformación da súa filial Cupa Pizarras, dobrou a previsión que a compañía fixo a comezos de ano e continúa activo nas dúas comarcas.

“O aumento de persoal responde o plan de crecemento e expansión internacional do grupo, que, ademais de incorporar man de obra para aumentar a súa capacidade produtiva e abastecer a demanda de importación de lousa a mercados europeos, contempla tamén a contratación de diferentes perfís técnicos para xestionar o negocio a nivel internacional desde a súa sede en Valdeorras”, segundo a compañía.

Coa ampliación do proceso de selección, Cupa Group busca reforzar o persoal administrativo da súa oficina central en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). A compañía require distintos perfís profesionais: técnicos de nóminas, loxística e enxeñeiros, entre outros que cobren as áreas de Contabilidade, Deseño Técnico e Marketing.

“En contraste coa destrución de emprego causada pola pandemia, a industria da lousa ofrece oportunidades laborais de futuro no Bierzo e Valdeorras, dentro dun sector en proceso de modernización atractivo para os mozos. O investimento de Cupa Group na creación de postos de traballo estables e cualificados reafirma o seu papel como tractor da economía local, contribúe a preservar o talento e fixa poboación nas zonas rurais onde desenvolve a súa actividade”, tal e como sinalan dende o grupo.

As persoas interesadas en participar nos procesos de selección poden anotarse no seguinte enlace: www.cupagroup.com/empleo .

Sobre Cupa Group

Cupa Group é unha multinacional formada por 68 empresas que ten sociedades filiais en 9 países, 24 canteiras e exporta a máis de 70 países dos cinco continentes, empregando a máis de 2.300 persoas. As dúas principais liñas de negocio do grupo son Cupa Pizarras, o líder mundial en lousa natural, e Cupa Stone, os expertos en pedra natural.

En 1892 inaugúrase a súa primeira canteira, Solana de Forcadas, en San Pedro de Trones (León). Hoxe, froito do acordo en 1968 de cinco empresarios que soñaban con vender a súa produción en todo o mundo, Cupa Group é un conxunto de empresas que operan en distintos sectores.

Artigos relacionados

Back to top button