PolíticaÚltima hora

O grupo de goberno de Viana responde á presentación do recurso extraordinario do BNG

Nun comunicado emitido esta tarde aseguran que "da legalidade da moción presentada o pasado setembro, dan conta os informes da secretaría do Concello, como así consta na súa delixencia acreditativa de que a moción reúne os requisitos esixibles, e a ratificación na acta da sesión plenaria"

Exterior da Casa do Concello de Viana do Bolo.

 

En resposta ao recurso extraordinario presentado polos edís do BNG no Concello de Viana, o grupo de goberno municipal vén de emitir un comunicado aclarando que “do mesmo xeito que un candidato que nunca gañou as eleccións pode ser envestido por dúas veces alcalde, porque existe unha ferramente democrática, chamada apoio doutro partido, que así o permite; tamén existe outra que se chama moción de censura, aplicada cando a maior parte dos concelleiros da corporación están en desacordo co grupo de goberno. Tan democrática e legal é unha como a outra”.

Así mesmo no comuniciado indican que “da legalidade da moción presentada o pasado setembro, dan conta os informes da secretaría do Concello, como así consta na súa delixencia acreditativa de que a moción reúne os requisitos esixibles, e a ratificación na acta da sesión plenaria”.

O grupo de goberno municipal vianés tamén asegura que “os concelleiros do BNG presentan agora unha sentenza do 27 de outubro da Sección Cuarta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, e que aínda non é firme, dictada nun caso que se produciu no concello de Font de la Figuera, en Valencia, no ano 2015. Respecto a iso, existe unha sentenza de rango superior como é o Tribunal Constitucional, que se fixa como doutrina, e na que se baseou a secretaría do noso Concello, por ser a que estaba vixente, para a convocatoria do pleno. O pleno cumpriu con todos os requisitos legais para a súa celebración. Dende aquí, queremos pedirlle os señores e señoras concelleiros do BNG, que deixen de manipular e que deixen de crispar á veciñanza, porque os veciños e veciñas de Viana non o merecen”.

Artigos relacionados

Back to top button