CulturaCultura

O grupo de teatro A Ruada actuará en Ponferrada

Convidados por AMBI, a agrupación ruesa porá en escea a obra “O achado do Castro”
A Ruada nas Xornadas de teatro da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
A Ruada nas Xornadas de teatro da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Este ano, o grupo AMBI (Asociación de persoas con discapacidade física do Bierzo)-COCEMFE Teatro de Ponferrada, participaba por primeira vez nas Xornadas de Teatro da Rúa, que se celebraban entre os meses de xuño e xullo, organizadas pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada. Tres meses despois será a agrupación ruesa, a que actúe nunha xornada organizada dende o colectivo berciano.

Mañá, xoves 16 de outubro, A Ruada participará no encontro de teatro que se celebrará a partires das 16h. na Biblioteca Municipal de Ponferrada. Os primeiros en actuar serán os membros do grupo AMBI Teatro, e de seguido, en torno ás 17:30h. o grupo de teatro da Rúa porá en escena “O achado do Castro” unha obra de ambientación romana, coa que os colectivo inauguraba as festas de San Roque na Rúa Vella o pasado mes de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button