CulturaCulturaÚltima hora

O grupo de teatro “Augas do Sil” enche o Centro Social de San Xoán de Río

Os veciños desfrutaron de dúas obras: Vaia servizo e O fotógrafo

Este pasado sábado remataba o mes de xuño cun tempo máis propio de febreiro. Celebrábase a feira de San Xoán de Río, que son os días 30 de cada mes, e comezaban os cuartos de final do Mundial de Rusia 2018. Pero esta data será recordada en San Xoán de Río polo éxito das obras de teatro intepretadas polo grupo de teatro “Augas do Sil”.

Vaia servizo  e O fotógrafo foron as obras elixidas para interpretar no Centro Social de San Xoán de Río polo grupo de teatro de Ribas de Sil, que cruzaba a fronteira do Alto da Moá para actuar en terras ourensás.

Dúas horas antes do inicio da función traballábase na posta a punto da decoración. Con todo xa listo, a xente ocupou todas as cadeiras dispoñibles, tendo a organización que ir buscar varios bancos para acomodar a todos os presentes. Comezou a primeira das obras e a xente pudo desfrutar dun espectáculo que poucas veces se ve no rural. Oa sorrisos e o bo humor reinou durante o transcurso das dúas comedias, ata que cun forte aplauso, trala presentación de cada un dos integrantes do grupo de teatro, cerrouse cun gran éxito este primeiro contacto de San Xoán de Río co teatro.

“Augas do Sil” demostrou que cada concello debería ter un grupo de teatro e San Xoán de Río desmontou os tópicos de que á xente do rural non gosta do teatro, simplemente é que como non está na axenda das programacións culturais dos concellos a xente non ten a posibilidade de desfrutar das actuacións.

Trala obra, o bar Cruceiro foi o lugar elixido pola organización para que o grupo de teatro puidese valorar as obras cos veciños da localidade.

Texto e fotos: Xosé Miguel Pérez Blecua.

Artigos relacionados

Back to top button