ConcellosÚltima hora

O grupo de teatro da A.C. A Caniceira estrea “Mortos da risa” en Trives

Esta función poderá verse este sábado 11 de maio ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez da vila

Tras semanas de traballo e de ensaios chega o momento da estrea. Os membros do Grupo de Teatro da Asociación Cultural A Caniceira de Trives ultiman os detalles da representación que levan preparando durante case cinco meses.

A peza leva por título “Mortos da risa” e será interpretada por un elenco de 17 actrices e actores da vila trivesa, baixo a dirección da profesora de teatro Ana García Earley. Esta función poderá verse por primeira vez en público o vindeiro sábado 11 de maio ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives.

“Mortos de risa” é unha “traxicomedia funeraria en sete actos coa que agardamos facer pasar un bo rato ao público asistente”, tal e como adiantan dende este grupo de teatro.

 

Artigos relacionados

Back to top button