OurenseÚltima hora

O grupo de teatro de mozos de Verín saca os seus personaxes á rúa

Participarán nun singular exercicio neste sábado 1 de xuño no que sairán a cear interpretando cada un un papel diferente
Algúns dos mozos do grupo de teatro de Verín./ Foto cedida.

A rúa tamén pode ser un escenario, e moi esixente. E saber como se desenvolven nel os seus alumnos é o que pretende o responsable do grupo de teatro de mozos de Verín, Santiago Cañaveral, cun exercicio que lles propuxo para o vindeiro sábado 1 de xuño.

“Son diferentes personaxes extremos,  cada un deles cun estigma, e que foron creados polos propios alumnos. Despois eles mesmos distribuíronse entre si os papeis. A idea do exercicio consiste en saír a cear interpretando cada un o seu personaxe e despois incluso saír a bailar, mantendo ese mesmo personaxe ata as dúas da madrugada”, explica Santiago Cañaveral.

Outro dos obxectivos dese exercicio é lograr que os estímulos exteriores non interrumpan a concentración dos actores para que poidan manter ata o final o seu personaxe.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close