CulturaCulturaÚltima hora

O grupo de teatro Xaime Prada actuará este sábado, nas Festas de Vilamartín

A representación séra ás 18h. no Centro Cultural Santa Lucía e a recadación destinarase á investigación do cancro Biopsia Líquida
Membros do grupo de teatro Xaime Prada antes da representación o ano pasado. /Foto: Mónica G. Bellver.

A vindeira fin de semana Vilamartín de Valdeorras celebrará as festas patronais na honra a San Jorge e, dende hai uns anos, non hai celebración sen teatro.

O ano pasado, o grupo Xaime Prada da Asociación de Veciños de Vilamartín, poñía en escena a comedia “A idade do pavosaurio” que fixo rir ao numeroso público asistente. Este ano cambian de obra e presentarán “O consultorio médico”, cuxa recadación irá destinada integramente á investigación do cancro Biopsia Líquida en beneficio de ONCOMET.

A representación será o sábado 22 de abril ás 18 horas no Centro Cultural Santa Lucía.

 

Artigos relacionados

Back to top button