ConcellosÚltima hora

O grupo de traballo do CLIA do Barco propón unha iniciativa a través das redes para buscar o parque ideal

O Consello Local de Infancia e Adolescencia é un grupo de participación infantil que facilita a canalización das demandas e propostas da infancia do Barco ao Concello

Un parque infantil no Barco de Valdeorras clausurado por mor do coronavirus./Foto: A.R.

 

Os cativos xa levan moito, demasiado tempo, sen poder desfrutar dos parques por culpa da pandemia de coronavirus e os obrigou a quedar na casa, pero aínda que non se pode saí si se pode seguir imaxinando. Por iso dende o CLIA (Consello Local de Infancia e Adolescencia) do Barco de Valdeorras, o grupo que traballa para levar ao Concello a voz dos nenos e das nenas, propoñen a través das redes a iniciativa #IMAXINAUNPARQUE.

Trátase de que os cativos pensen no seu parque favorito do Barco, que tiña que lle gustaba? Que non? Que cambiaría? Que lle gustaría que tivera? Unha vez o teñan na mente, han de debuxalo ou crear unha maqueta e depois grabar un vídeo contando o proceso. Por último, coa axuda dun a adulto, deben compartilo a través de Facebook ou Instagram baixo o hashtag #IMAXINAUNPARQUE e #CLIAOBARCO. Tamén se pode enviar por correo electrónico a: educadorasocial@concellodobarco.orgMáis infomración en https://www.facebook.com/CLIAOBARCO ou en https://www.instagram.com/cliaobarco/?hl=es

Artigos relacionados

Back to top button