PolíticaÚltima hora

O grupo de traballo dos contedores soterrados reuníuse coas empresas para analizar os custes de arranxo

O concelleiro de Medio Amnbiente, José Araújo, faralles unha proposta definitiva aos diferentes grupos nos vindeiros días
Contedores soterrados pechados situados na rúa Eulogio Gómez Franqueira.
Contedores soterrados pechados situados na rúa Eulogio Gómez Franqueira.

O grupo de traballo encargado de atopar unha solución para os contedores soterrados, pechados polo seu mal estado, mantivo hoxe unha reunión, a cuarta, coas empresas auditoras e de certificación de seguridade coa fin de analizar os custes da solución, que os catro grupos con representación no Concello que conforman este grupo, adoitaron por consenso; a da posta a punto das 75 estacións de recollida selectiva de lixo na cidade.

As diferentes variables pasan pola posta a punto, substituíndo o sistema electro mecánico por outro mecánico, a certificación, o cambio de cubetas -parcial ou total- ademais doutras coma a impermeabilización dos ocos máis prexudicados ou servizo de mantemento.

Os diferentes grupos expuxeron os seus puntos de vista na xuntanza, perseguindo en todo momento, explican dende o Concello, “o custe máis vantaxoso para as arcas municipais” combinado coas máximas garantías de seguridade posibles. Neste sentido, o concelleiro delegado de Medio Amniente, José Araújo, manifestou a súa intención de atopar unha solución satisfactoria para todas as partes e que consiga desbloquear o arranxo dos contedores da forma o máis áxil posible.

As solucións que se achegarán a esta problemática deben de ser singularizadas, xa que non todas as estacións de recollida se atopan na mesa situación de deterioro. Porén, a proposta do grupo de goberno municipal quere ser o máis áxil posible e axeitada para todos os casos e mesmo para garantir a súa mellor funcionalidade nos anos vindeiros para que non se produzan reparacións correctivas e o seu mantemento, din, garanta a lonxevidade dun servizo non operativo dende o ano 2014.

O concelleiro, José Araújo, relatará nos vindeiros días a proposta definitiva para o arranxo dos contedores soterrados en función das diferentes opinións expresadas na xuntanza desta mañá.

Artigos relacionados

Back to top button