Publicidade
Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O Grupo Marcelo Macías presenta o Boletín Auriense número XLV

O acto tiña lugar no Liceo de Ourense o 10 de marzo

 

 

 

Un total de dezaseis artigos de investigación reúnense no Boletín Auriense nº XLV, que edita o Grupo Marcelo Macías en colaboración coa Fundación Olga Gallego. Este volume presentábase na mañá do 10 de marzo no Liceo de Ourense nun acto no que participaban Pilar Gallego Domínguez e Pedro López, presidenta de honra e presidente da Fundación Olga Gallego respectivamente, xunto con Francisco Fariña, presidente do Grupo Marcelo Macías e Xulio Rodríguez, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Neste libro, de máis de 400 páxinas, abórdanse cuestións moi diversas, pero todas elas vencelladas coa provincia: dende arqueoloxía e astronomía, pasando pola historia e ata pragas, flora e fauna.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Portada do número 45 do Boletín Auriense.
Portada do número 45 do Boletín Auriense.

 

Contraportada deste volume.
Contraportada deste volume.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close