CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O grupo Ritmo amenizará a festa de Vales (O Barco) o sábado 26 de xaneiro

O programa na honra a Santo Tirso inclúe cultos, xogos populares, fogos artificiais e moita música
Cartel das Festas de Santo Tirso, en Vales (O Barco).

Misa solemne, procesión, xogos populares, fogos artificiais e moita música. Son os ingredientes cos que a Comisión de Festas de Vales, no municipio do Barco de Valdeorras cociñou o programa para celebrar o Santo Tirso, este sábado 26 de xaneiro.

Dispostos a que a xente o pase ben “sen medo ás baixas temperaturas que estamos a ter estes días”, din, contarán coa presenza do grupo Ritmo “para subir a temperatura do corpo dos asistentes e facerlles mover os pés”, que actuará en sesión de tarde e verbena.

Dende a comisión adiantan que durante a sesión de tarde sortearanse varios lotes de produtos entre a xente que compre rifas, que xa levan unhas semanas vendendo, e agradecen a colaboración dos establecementos e negocios que os axudaron.

Artigos relacionados

Back to top button