OurenseÚltima hora

O grupo Sangue de Dragón actuará este sábado na Mostra de Teatro Amador do Carballiño

Porá en escena, no Auditorio Manuel María, a obra "Algo pasa con Paco"

O grupo de teatro de Narón Sangue de Dragón. /Foto cedida.

 

A Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón continúa co programa da XII edición e nesta fin de semana tocaralle o turno ao grupo Sangue de Dragón da localidade coruñesa de Narón, que porá en escena a comedia Algo pasa con Paco.

A obra, cunha duración de 80 minutos, narra a historia de Paco Checo, un cabaleiro errante dos de antes… dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que o tal cabaleiro coñeceu tempos mellores. Cando es malvadas forzas do mal raptan á princesa do pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio. Maxia, enredos e tortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.

A representación será este sábado 12 de outubro ás 20:30h. no Auditorio Manuel María do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button