EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O grupo Sistemas de Seguridad 8 x 8 chega a Valdeorras

A empresa está ubicada na céntrica rúa Conde Fenosa Nº 38 do Barco

Equipos de videovixilancia, sistemas de alarma, controis de acceso, canóns/ botes de néboa, pack de seguridade 360,… Son algúns dos produtos que ofrece o grupo Sistemas de Seguridad 8 x 8, un negocio de ámbito nacional que agora está tamén presente en Valdeorras.

Ubicada no Barco, a empresa leva aberta case un mes pero era na tarde do 23 de maio cando se presentaba oficialmente. E facíao no restaurante Casa Lameiro, nun acto no que explicaban aos asistentes os obxectivos e orixe da empresa, así como os produtos que nela ofrecen, para particulares, negocios e tamén comunidades de veciños.

 

Os sistemas de seguridade de 8 x 8 presentados en Casa Lameiro.

 

Da explicación encargouse o director comercial Salvador Bermúdez, acompañado por Sergio Visus, responsable territorial para Galicia que levará a delegación no Barco de Valdeorras. Ademais da presentación, o acto incluíu o sorteo de dez móbiles entre os asistentes e a degustación duns petiscos e viños de Valdeorras.

8 x 8 nacía no ano 2002 para “cubrir as necesidades de clientes que demandaban sistemas de seguridade avanzados e sistemas de cámaras (CCTV) con vídeo-transmisión en tempo real e calidade dixital”, explican dende a empresa. Un negocio que foi evolucionando ata converterse “nun grupo de empresas líder no sector”, unidas mediante oficinas a nivel nacional e en continua expansión, cuxa sede central se sitúa en Mijas Costa (Málaga). A do Barco de Valdeorras está ubicada na rúa Conde Fenosa Nº 34.

Fotos: Beltrán Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button