PolíticaÚltima hora

O grupo socialista pedirá no Parlamento a construción dunha residencia pública de maiores en Petín

Este municipio valdeorrés é o único da comarca que non conta con este servizo

Panorámica de Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Actualmente Petín é o único concello da comarca de Valdeorras que carece de servizos que presenten unha atención integral e continuada para as persoas maiores e segundo os datos do padrón local, un 32,43 % da poboación deste municipio ten máis de 65 anos de idade.

Tendo en conta estas circunstancias “é fundamental que os veciños e veciñas de Petín conten cunha residencia de maiores que evite o éxodo dos seus habitantes cara a outros núcleos de poboación que dispoñan de este tipo de recursos”, aseguran dende o o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia que, por iniciativa dos seus deputados Marina Ortega Otero e Julio Torrado Quintela, instan á Xunta a que acceda “á demanda veciñal de Petín para dotar dunha residencia de maiores ao concello e así contribuír a mellorar as condicións de vida das persoas maiores de Petín así coma das súas familias, e ao mesmo tempo colaborar no marco de acción do plan de impulso demográfico de Galicia afianzando poboación”.

Así, a parlamentaria Marina Ortega levará á Comisión de Política Social que se celebra mañá a partir das 10:30 horas, unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta á contrución da residencia.

Artigos relacionados

Back to top button